InicioSOCIEDADE'eMprende', un escaparate para os proxectos do alumnado de FP

‘eMprende’, un escaparate para os proxectos do alumnado de FP

Publicado o

O Pavillón Municipal Pablo Herbello foi o escenario para primeira feira ‘eMprende’, organizada polo IES Johan Carballeira e Ayuda en Acción. Unha iniciativa que pretende crear un escaparate onde o alumnado de Formación Profesional presentou os prototipos de emprendemento nos que estivo traballando.

Trátase dun proxecto piloto para tecer pontes entre o mundo do ensino e do traballo, convertendo a teoría en práctica. Entre os postos participantes, o alumnado sorprendeu ás persoas asistentes con proxectos relacionados co ocio, a educación, a saúde mental, a estética e imaxe persoal ou o deporte.

Visita á feira ‘eMprende’. Imaxe: Concello.

Así mesmo, tamén realizaron actividades para conseguir un ‘kit de emprendedor’ como entrevistas teatralizadas, obradoiros para mellorar o currículo ou explicacións de proxectos.

Entre os asistentes estiveron o alcalde, Félix Juncal e a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Silvia Carballo. O rexedor destacou no acto inaugural que é “moi ilusionante ver a facilidade dos alumnos e alumnas para explicar os seus proxectos” e lanzoulles ánimos. Pola súa parte, a directora do IES Johan Carballeira, Asun Soñora, manifestou que “é un pracer ver ao alumnado defender os proxectos nos que traballou ao longo destes meses”.

Visita á feira ‘eMprende’. Imaxe: Concello.

O Concello de Bueu colaborou coa organización da feira, e tamén participou coa
colocación dun posto no que se puxeron en valor algunhas das liñas estratéxicas nas que se están traballando desde a institución municipal, como a aposta pola divulgación
medioambiental ou a compostaxe individual e colectiva.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...