InicioPOLÍTICAO BNG esíxelle á Xunta que cubra o servizo de pediatría

O BNG esíxelle á Xunta que cubra o servizo de pediatría

Publicado o

O deputado do BNG no Parlamento Galego, Paulo Ríos, acompañado de membros do BNG de Bueu, anunciou esta mañá diante do Centro de Saúde de Bueu que veñen de rexistrar unha iniciativa no Parlamento Galego para que a Xunta de Galicia repoña “canto antes” o servizo de pediatría en Bueu.

“Xa van quince días que as crianzas de Bueu están sen servizo de pediatría e vemos como a Xunta, lonxe de atender ás necesidades, pon parches, facendo que o persoal faga un sobresforzo”, explicou.

Desde o BNG aluden tamén á falta de planificación por parte da Xunta. “Unha das baixas é por maternidade, polo que se podería ter planificado e contar cun relevo“, afirmaron, á vez que criticaron a ausencia de alternativas para as familias afectadas. “A Xunta segue na política de canto peor para a sanidade pública, mellor para a sanidade privada“, sinalou.

Xosé Leal, Paulo Ríos, Silvia Carballo e Alberto Moital esta mañá ante o Centro de Saúde de Bueu.

SITUACIÓN ACTUAL

Ríos tamén recordou a situación que vive a día de hoxe a atención pediátrica na vila ante a falta das dúas pediatras asinadas, que están de baixa. “A Xunta pretende resolvelo con parches, en forma de atención da pediatría por parte do persoal de enfermería ou persoal médico non especializado na saúde e nas doenzas das crianzas”, afirmou.

“A sanidade pública debe blindarse e, sobre todo, na atención sanitaria aos nenos e nenas, que deben ser tratados por persoal específico”, conclúen.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...