Á programación xa anunciada para este 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, súmase agora un evento desde o ámbito deportivo. O club Galaicas Bueu, coa colaboración do Concello, organiza este mércores a primeira “Mila pola igualdade” en Bueu para visibilizar a loita pola igualdade.
O evento, que mesturará zumba e carreira, comezará ás 19.30 horas no Centro Social do Mar cunha sesión de zumba de corenta e cinco minutos. Así, ás 20.30 horas terá saída a carreira desde o Concello, cun percorrido de 1.6 quilómetros, para finalizar cun pequeno avituallamento e unha entrega de agasallos para varias das participantes.
Ante o alto número de participación, pois xa hai máis de 200 persoas inscritas, faranse dous grupos ofrecendo dúas quendas para a actividade de zumba e compartindo a saída da Milla co número total de inscritas. A elección da queda será na entrega de dorsais en Melson Sport, días previos ao evento.