Familias de Bueu convocan para este domingo unha concentración ás 12.00 horas nas inmediacións do Centro Social ante a falta de pediatras no centro de saúde da vila. Desde a organización difunden un cartel no que simulan unha esquela e baixo a frase “O Sergas pon en risco a saúde de todos os nenos e nenas de Bueu. Sen servizo de pediatría e sen derivar a outros centros”.
“Ningún neno e nena de Bueu ten agora mesmo acceso a atención pediátrica na vila, desde hai máis dunha semana”, explican desde a veciñanza, á vez que sinalan que pasaron de ter dúas pediatras a non ter ningunha e descoñecen a solución á situación. Explican que as dúas pediatras están de baixa e non hai cobertura dos seus postos, así como instruccións para derviar aso pacientes a outros municipios para ser atendidos.