InicioSUCESOSFalta de pediatras no centro de saúde: sen revisións a bebés nin...

Falta de pediatras no centro de saúde: sen revisións a bebés nin consultas

Publicado o

Familias de Bueu denuncian a situación do centro de saúde da vila, que se atopa actualmente sen servizo de pediatría. Así, advirten de que a moitos bebés non se lle puido facer a revisión pediátrica correspondente e que os nenos e nenas en proceso de vacinación tampouco puideron ser vacinados.

“Ningún neno e nena de Bueu ten agora mesmo acceso a atención pediátrica na vila, desde hai máis dunha semana”, explican desde a veciñanza, á vez que sinalan que pasaron de ter dúas pediatras a non ter ningunha e descoñecen a solución á situación. Explican que as dúas pediatras están de baixa e non hai cobertura dos seus postos, así como instruccións para derviar aso pacientes a outros municipios para ser atendidos.

“O persoal sanitario está facendo todo o que pode, pero por agora non obtén resposta con unha solución por parte dos organismos correspondentes”, afirman. Por ese motivo, piden á veciñanza que poña reclamacións continuas a través dunha reclamación en papel no Centro de Saúde ou a través da aplicación Sergas Mobil.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...