InicioMEDIO AMBIENTEUn audiovisual lembra a loita contra o chapapote en Ons

Un audiovisual lembra a loita contra o chapapote en Ons

Publicado o

A Asociación Ecoloxista Anduxía, en colaboración co Cineclub Bueu e o Concello, organiza este venres unha proxección sobre o prestige. A peza audiovisual, que se poderá ver ás 19.00 horas no Centro Social do Mar, céntrase no labor das persoas voluntarias na loita contra o chapapote en Ons.

O pasado mes de novembro cumpríronse 20 anos do desastre ecolóxico que encheu de chapapote a costa galega e que tamén tivo a súa incidencia na vila, especialmente na illa de Ons. Así, a peza, que terá unha duración de 20 minutos, tamén abordará o traballo desde o peirao de Bueu, desde os propios barcos ou a construción de barreiras.

As persoas voluntarias forman unha cadea humana para retirar chapapote na illa de Ons. Imaxe: Miguel Vidal (Reuters).

Trala proxección, está programado un coloquio a cargo da oceanógrafa Susana Bastón e que versará sobre as consecuencias do prestige na ciencia.

ÚLTIMAS

Beluso acolle a segunda edición do Trail do Nocedo con récord de participación

O pavillón de Beluso acolleu esta mañá a presentación da segunda edición do Trail...

Denuncian o recheo de cemento de 80 metros cadrados da praia da Banda do Río nas obras de Portos

A asociación ecoloxista de Bueu Anduxía vén de expresar o seu "malestar e sorpresa"...

Continúan as reivindicacións pola falta de pediatras e o Sergas anuncia a colaboración “voluntaria” de seis especialistas

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés informou de que reorganizaron a cobertura das...

O PP cuestiona que o goberno “escurra o vulto e non arranxe” os problemas do pavillón de Bueu

"Unha mostra máis da decadencia e da falta de interese do BNG e de...