InicioSOCIEDADEA ampliación do cemiterio de Beluso contará con 68 novos nichos

A ampliación do cemiterio de Beluso contará con 68 novos nichos

Publicado o

O Concello vén de abrir o prazo de licitación para as obras cun orzamento base de arredor de 65.000 euros

Trala ampliación do cemiterio de Bueu, o Concello de Bueu vén de abrir agora o prazo para a presentación de ofertas económicas para o proxecto de ampliación de nichos, columbarios e cinseiros no cemiterio de Beluso. O período esténdese ata o 21 de febreiro e o orzamento base é de 65.427 euros, que serán financiados co Plan Concellos 2022.

A actuación no cemiterio de Beluso contempla a ampliación dentro do recinto actual, na zona libre dun lateral da entrada principal e outra ao fondo, ambas anexas ao muro perimetral. O proxecto sinala que haberá dúas zonas de actuación onde se instalarán os elementos de formigón, reducindo os tempos de execución das obras.

Cemiterio de Beluso. Imaxe: Concello.

A primeira das áreas prevé a implantación dun módulo de 68 nichos e outro de 25 columbarios así como unha fila con 17 cinseiros baixo a cuberta inclinada. Mentres, a segunda zona constará de tres módulos de 20 columbarios cada un cunha distribución en forma de “U”, xerando unha praza de acceso.

Tal e como explica o rexedor, Félix Juncal, prevese que a ampliación estea executada na primavera. Así mesmo, tamén se contempla a execución das beirarrúas frontais dos módulos e a colocación de reixas sumidoiro de pluviais. A intención do goberno local é que no futuro tamén se poida iniciar unha ampliación no cemiterio de Cela.

ÚLTIMAS

Beluso acolle a segunda edición do Trail do Nocedo con récord de participación

O pavillón de Beluso acolleu esta mañá a presentación da segunda edición do Trail...

Denuncian o recheo de cemento de 80 metros cadrados da praia da Banda do Río nas obras de Portos

A asociación ecoloxista de Bueu Anduxía vén de expresar o seu "malestar e sorpresa"...

Continúan as reivindicacións pola falta de pediatras e o Sergas anuncia a colaboración “voluntaria” de seis especialistas

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés informou de que reorganizaron a cobertura das...

O PP cuestiona que o goberno “escurra o vulto e non arranxe” os problemas do pavillón de Bueu

"Unha mostra máis da decadencia e da falta de interese do BNG e de...