InicioCULTURA71 traballos optan aos Premios Johan Carballeira de Poesía e Xornalismo

71 traballos optan aos Premios Johan Carballeira de Poesía e Xornalismo

Publicado o

Tralo remate do prazo para o envío de traballos, o Concello de Bueu vén de contabilizar 71 participantes para os Premios Johan Carballeira. Concretamente, as persoas remitiron 53 poemarios e 18 traballos xornalísticos, entre os que se elixirán aos gañadores das categorías de Poesía e Xornalismo.

Desde o departamento de Cultura que dirixe Xosé Leal destacan que estas cifras demostran que o certame bueués, que naceu para homenaxear a Johan Carballeira, constitúe xa todo un referente a nivel galego, que ano tras ano mantén ou mesmo incrementa as cifras de participación.

Entrega de premios da anterior edición, onde Miguel Sande e Antía Yáñez foron os gañadores.

Os traballos serán revisados as vindeiras semanas polo xurado co obxectivo de que as persoas gañadoras sexan seleccionadas entre finais de abril e comezos de maio. Os galardóns están dotados con 1.500 euros en cada categoría, ademais da publicación do poemario gañador da man de Xerais.

Na anterior edición, Miguel Sande recibiu o premio de poesía co poemario “Brinde e desespero”, mentres que na categoría de xornalismo, o galardón recaeu na reportaxe “A saúde mental en Galicia, en bragas”, asinada pola escritora Antía Yáñez e publicada na revista Luzes.

ÚLTIMAS

Beluso acolle a segunda edición do Trail do Nocedo con récord de participación

O pavillón de Beluso acolleu esta mañá a presentación da segunda edición do Trail...

Denuncian o recheo de cemento de 80 metros cadrados da praia da Banda do Río nas obras de Portos

A asociación ecoloxista de Bueu Anduxía vén de expresar o seu "malestar e sorpresa"...

Continúan as reivindicacións pola falta de pediatras e o Sergas anuncia a colaboración “voluntaria” de seis especialistas

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés informou de que reorganizaron a cobertura das...

O PP cuestiona que o goberno “escurra o vulto e non arranxe” os problemas do pavillón de Bueu

"Unha mostra máis da decadencia e da falta de interese do BNG e de...