O primeiro certame #BueuTenPremio, que perseguía promocionar os establecementos locais no Nadal, xa ten gañadores. Os vídeos galardoados foron os realizados por Fe de Ratos e pola Anpa Alborada do Colexio Virxe Milagrosa a través de TikTok e nos que aportaron a súa visión sobre os espazos públicos no Nadal.
Os premios do concurso, organizado polo Concello coa colaboración de FECIMO e da Asociación Veciñal da Banda do Río, foron entregados onte pola concelleira de Promoción Económica e Turismo, Silvia Carballo. As persoas galardoadas conseguiron unha tarxeta para consumir no comercio local cun importe de 100 euros.
Este certame procurou a promoción e o fomento do consumo nos establecementos locais a través das redes sociais, ao consideralo unha forma dinámica de chegar a un maior número de persoas.