InicioMEDIO AMBIENTEO Sendeiro do Litoral acada por primeira vez o distintivo "Sendeiro Azul"

O Sendeiro do Litoral acada por primeira vez o distintivo “Sendeiro Azul”

Publicado o

A vila tamén renovou este recoñecemento para o Sendeiro de Cabo Udra

Os galardóns “Sendeiros Azuis”, concedidos anualmente pola ADEAC, empréganse para recoñecer o gran valor ambiental das rutas de sendeirismo próximas ás praias. Este 2023 Bueu conseguiu renovar o distintivo azul para o Sendeiro de Cabo Udra e logrouno por primeira vez para o Sendeiro do Litoral, que se inicia na praia de Portomaior e finaliza na de Lagos.

Unha das praias polas que pasa o percorrido do Sendeiro do Litoral. Imaxe: Concello.

O alcalde da vila, Félix Juncal, e a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Silvia Carballo, mostraron onte a súa satisfacción ante a nova destes dous galardóns. “Premian a nosa aposta pola difusión da natureza de forma respectuosa e con actividades dinamizadoras”, explican.

O logro do recoñecemento para o Sendeiro do Litoral vén trala incorporación da Bandeira Azul ao areal da Banda do Río o pasado verán. “Acadalo supón unha oportunidade de proxección a nivel internacional e tamén un agasallo para que a nosa veciñanza siga coñecendo a vila e os seus encantos”, sinala Carballo.

Outro punto do Sendeiro do Litoral. Imaxe: Concello.

A ruta do Sendeiro do Litoral percorre numerosos elementos que definen a esencia de vila mariñeira de Bueu así como o seu pasado industrial. As factorías de salgadura, o Museo Massó ou o Estaleiro de Purro son algúns dos puntos que se inclúen así como a paisaxe natural de bosques e rochas.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...