InicioCULTURABueu acolle a presentación da editorial Boadicea

Bueu acolle a presentación da editorial Boadicea

Publicado o

Boadicea Editora está especializada en fantasía, ciencia ficción e terror con obras para todas as idades

O Centro Social do Mar será o escenario no que este venres se presente Boadicea Editora, creada no 2022 para consolidar unha produción sistemática e especializada de obras en galego. O evento, organizado por Libraría Miranda, servirá para dar a coñecer esta nova editorial que publica tanto creación propia como tradución de autoras e autores clásicos e actuais.

As persoas fundadoras do proxecto son Alba Rozas, José Manuel Dopazo e Marcos López, docentes do ensino secundario e universitario, con experiencia previa no mundo editorial.

Persoas fundadoras de Boadicea Editora. Imaxe: José Goris (Boadicea).

Rozas e Dopazo serán os encargados de dar a coñecer Boadicea en Bueu, a partir das 20.00 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar. Alí presentarán a tradución ao galego de “Ubik” de Philip K. Dick, unha obra referencial no eido da ciencia ficción, e o álbum infantil “O biosbardo e os paxaros sen cor”, de Alba Rozas e José Manuel Dopazo. O acto tamén será unha oportunidade para coñecer os títulos que chegarán á editorial ao longo do 2023.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...