InicioUncategorizedSalvador Rodríguez protagoniza o primeiro coloquio sobre as bibliotecas íntimas

Salvador Rodríguez protagoniza o primeiro coloquio sobre as bibliotecas íntimas

Publicado o

O escritor e xornalista bueués Salvador Rodríguez foi o encargado de abrir os coloquios da actividade “A biblioteca de…”. O encontro tivo lugar na Sala Multiusos do Centro Social do Mar e estivo dirixido polo bibliotecario municipal, José Ramón Núñez. Alí, Salvador Rodríguez conversou ante o público dos libros que marcaron a súa experiencia vital, os que recorda da súa infancia ou os que máis lle impactaron.

Encontro con Salvador Rodríguez onte no Centro Social do Mar. Imaxe: T.G.

A actividade, organizada pola concellaría de Arquivo e Bibliotecas persegue fomentar as conversas arredor da experiencia lectora e da biblioteca persoal. Así, o público pode coñecer os libros que se cruzaron na vida das persoas convidadas.

O bibliotecario municipal, José Ramón Núñez, xunto ao xornalista Salvador Rodríguez. Imaxe: T.G.

A seguinte cita será o 21 de febreiro con María Inés López, crítica literaria e fundadora da canle de youtube “De cuatro hojas”. O ciclo continuará o 21 de marzco con Xosé Bangueses, fundador da Libraría Abrente e con experiencia no mundo editorial. O ciclo péchase o 18 de abril con Salvador Castro, profesor e moi relacionado co mundo da cultura.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...