InicioMEDIO AMBIENTEOpinión | Alegacións da Asociación Ecoloxista de Bueu Anduxía ao anteproxecto de...

Opinión | Alegacións da Asociación Ecoloxista de Bueu Anduxía ao anteproxecto de Lei do Litoral de Galicia

Publicado o

Entendemos que unha lei do litoral Galicia só debería nacer para protexer as nosas costas e praias máis aló do que o fai normativa estatal actual, algo que en ningún momento se contempla neste anteproxecto que se presenta.

De feito, si algunha lei defendeu ata o de agora as costas galegas fronte das agresións continuas propiciadas moitas veces pola propia administración autonómica (macro-portos deportivos, vertidos, etc) esa foi a lei estatal de costas.

Neste senso e centrándonos unicamente no ámbito desta asociación que é o municipio de Bueu, pódese establecer unha comparativa clara entre as zonas de costa xestionadas pola administración autonómica e o resto da costa de Bueu xestionada pola administración estatal. O balance non pode ser mais negativo coa a destrución directa e sen contemplacións por parte de Portos de Galicia de 2 das 3 praias urbanas que ten este municipio. Baseándose en estudos de dinámica de litoral falsos e saltándose a propia lei estatal. Sendo a administración estatal a única que tentou, sen moito éxito, defender o litoral deste pobo. Son feitos obxectivos non especulacións, existe documentación contrastada ao respecto.

Obras do porto deportivo de Beluso, actuación levada a cabo por Portos de Galicia no 2001.

Esta comparativa poderíase extrapolar a toda Galiza, e si algunha universidade quixera facer un estudio comparativo da xestión de ambas administracións o longo da costa galega, os resultados seguramente recomendarían a retirada deste anteproxecto de lei.

A maior parte deste anteproxecto está enfocado as actividades produtivas no litoral de Galicia, algo que tamén é necesario pero non debe ser a base da lei. Así conceptos como “sectores produtivos” e “Economía Azul” repítense continuamente o longo do documento, quedando claro que esta lei formúlase coma unha lei de “adecuación” ou “encaixe” das actividades económicas nas costas de Galicia.

Por riba, o anteproxecto mete todas industrias no mesmo saco e considera autorizable toda ocupación industrial da costa, non só aquelas industrias que non poidan ter outra ubicación como as depuradoras de bivalvos, se non todas as demais industrias (enerxética, alimentaria, etc). Tamén se di que esta lei regulará aspectos da pesca de baixura, marisqueo e acuicultura, algo que non se entende en absoluto.

Por outra banda, no referente a protección medioambiental da costa este anteproxecto redirixe estes aspectos a a lei estatal de Costas. O cal non deixa de ser paradóxico tendo en conta que está lei esta feita para eliminar a anterior. No anteproxecto fálase de facer unha lei mais próxima as necesidades reais da sociedade galega. Realmente é difícil atopar unha administración máis afastada da realidade social e cultural do seu entorno que Portos de Galicia, unha administración centrada unicamente en cobrar por instalacións construídas con diñeiro público.

Sorprende no texto a aparición de afirmacións gratuítas do tipo “A tarefa é abordada coa complicidade dun estado de opinión que dificilmente ten volta atrás” ou “Esta lei pretende devolver á comunidade autónoma o protagonismo que se merece” cuxo obxectivo descoñecemos, pero dende logo non responden a ningún aspecto técnico ou lexislativo.

Cremos que unha lei desta envergadura debe partir dun proceso tranquilo e detallado, e non xurdir a presa como resposta a disputa de competencias entre o goberno central e a administración autonómica. Por todo o anterior, solicitamos que non se continúe coa tramitación desta lei, e que de desenvolvan os mecanismos necesarios para adaptar a lei de costas actual á actividade daquelas industrias galegas do mar que, polo seu tipo de actividade, non poidan ter outra ubicación, como é o caso das depuradoras de bivalvos.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...