InicioSOCIEDADEAbre o prazo de inscrición para os obradoiros de memoria

Abre o prazo de inscrición para os obradoiros de memoria

Publicado o

O Concello de Bueu vén de abrir o prazo de inscrición para un novo curso de obradoiros de memoria para persoas maiores que comenzará en febreiro. Tal e como indican desde Benestar Social, as persoas interesadas poden inscribirse do 24 ao 31 de xaneiro entregando unha solicitude no Rexistro Xeral do Concello ou na Sede Electrónica.

Obradoiros de memoria no Centro Social do Mar. Imaxe: Concello.

Os obradoiros arrancarán o 6 de febreiro con cinco grupos que se dividirán entre o Centro Social do Mar de Bueu, a Casa do Pobo de Beluso e o Centro de Interpretación de Agrelo. Entre os obxectivos desta actividade atópanse o fomento do envellecemento activo ou a mellora nas relacións sociais. “Os obradoiros son máis necesarios ca nunca porque a pandemia agravou o illamento social e o deterioro da saúde mental das persoas”, explica a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana Isabel Otero.

Os talleres serán impartidos polo Centro de Día Pescadoira e o Centro de Día Contigo. Así, as persoas participantes seguirán as propostas de Estimulación Cognitiva con tarefas de debuxo, actividades con música ou exercicios sensoriais.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...