O Concello de Bueu vén de abrir o prazo de inscrición para un novo curso de obradoiros de memoria para persoas maiores que comenzará en febreiro. Tal e como indican desde Benestar Social, as persoas interesadas poden inscribirse do 24 ao 31 de xaneiro entregando unha solicitude no Rexistro Xeral do Concello ou na Sede Electrónica.
Os obradoiros arrancarán o 6 de febreiro con cinco grupos que se dividirán entre o Centro Social do Mar de Bueu, a Casa do Pobo de Beluso e o Centro de Interpretación de Agrelo. Entre os obxectivos desta actividade atópanse o fomento do envellecemento activo ou a mellora nas relacións sociais. “Os obradoiros son máis necesarios ca nunca porque a pandemia agravou o illamento social e o deterioro da saúde mental das persoas”, explica a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana Isabel Otero.
Os talleres serán impartidos polo Centro de Día Pescadoira e o Centro de Día Contigo. Así, as persoas participantes seguirán as propostas de Estimulación Cognitiva con tarefas de debuxo, actividades con música ou exercicios sensoriais.