InicioSOCIEDADEConcello e hostalaría homenaxearán ás cociñeiras polo Día da Muller

Concello e hostalaría homenaxearán ás cociñeiras polo Día da Muller

Publicado o

O Concello de Bueu a Asociación de Hostalaría da vila traballan xa nunha proposta para poñer en valor o papel das mulleres na cociña o vindeiro 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. A idea inicial é homenaxear a unha recoñecida cociñeira galega, cuxo nome será desvelado nos vindeiros días, e arredor da que se artellarán iniciativas e actos.

O proxecto, que partiu da Asociación de Hostalaría, foi presentado este xoves nunha reunión que contou coa presenza da concelleira de Promoción Económica e Turismo, Silvia Carballo, e da edila de Igualdade, Ana Isabel Otero. Tamén estiveron presentes o xerente de FECIMO e diversos hostaleiros e hostaleiras.

Encontro entre Concello e hostalaría. Imaxe: Concello.

A iniciativa persegue visibilizar o papel das mulleres cociñeiras, que representan máis do 80% das cociñas de restauración, á vez que se dinamiza a gastronomía da vila. “O que buscamos é sacar ás mulleres das cociñas de Bueu fóra e poñerlles cara, que saían da invisibilidade”, afirmouse durante o encontro do xoves.

Así, trabállase nunha campaña para conseguir un gran impacto social e de concienciación. Por ese motivo, faise un chamamento e os locais interesados en participar poden contactar co Concello a través do teléfono 986390029 (ext.2) ou no enderezo silvia@concellodebueu.gal.

ÚLTIMAS

Beluso acolle a segunda edición do Trail do Nocedo con récord de participación

O pavillón de Beluso acolleu esta mañá a presentación da segunda edición do Trail...

Denuncian o recheo de cemento de 80 metros cadrados da praia da Banda do Río nas obras de Portos

A asociación ecoloxista de Bueu Anduxía vén de expresar o seu "malestar e sorpresa"...

Continúan as reivindicacións pola falta de pediatras e o Sergas anuncia a colaboración “voluntaria” de seis especialistas

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés informou de que reorganizaron a cobertura das...

O PP cuestiona que o goberno “escurra o vulto e non arranxe” os problemas do pavillón de Bueu

"Unha mostra máis da decadencia e da falta de interese do BNG e de...