InicioMEDIO AMBIENTEO Concello recolleu preto de 5.000 quilos de aceite usado no 2022

O Concello recolleu preto de 5.000 quilos de aceite usado no 2022

Publicado o

Evitouse a contaminación de máis de cinco millóns de litros de auga | O colector que máis litros recolleu foi o da Rúa Nova de Beluso

4.640 é a cantidade de quilos de aceite usado que o Concello de Bueu recolleu durante o ano 2022 nos contedores instalados en diversas zonas da vila. Unha cifra coa que se evitou a contaminación de máis de cinco millóns de litros de auga e que, transformado en biocarburante, xerou un aforro de 13,92 toneladas de CO2 emitidas á atmosfera.

O edil de Medio Ambiente, Xosé Leal, destaca que “os litros recollidos van en constante aumento desde a instalación dos contedores no 2019”. Precisamente, Bueu conta con colectores de aceite usado en once puntos da vila e o que máis litros recolleu no 2022 foi o da Rúa Nova de Beluso, seguido moi de preto polos do casco urbano.

Infografía sobre a recollida de aceite usado no Concello de Bueu. Imaxe: Concello.

Desde o departamento de Medio Ambiente municipal celébrase esta noticia, aínda que se segue poñendo o foco na necesidade de concienciar á cidadanía xa que o aceite de cociña usado ten un poder contaminante 5.000 veces superior que a auga residual dos sumidoiros e das redes de sanemanto. Así, anímase á veciñanza a participar na iniciativa co depósito de aceite en botellas pechadas no interior dos colectores.

Reparto de funís para a recollida de aceite usado en Bueu.

Paralelamente, a Mancomunidade do Morrazo pon a disposición da cidadanía uns funís que se poden solicitar de balde no correo info@mancomunidadedomorrazo.gal ou presencialmente no Concello de Bueu. Trátase dunha campaña que conta cunha subvención de 7.000 euros da Xunta de Galicia, con financiamento europeo e co obxectivo de sensibilizar á poboación.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...