InicioSOCIEDADEUnha vintena de mulleres participan nun obradoiro de autoestima

Unha vintena de mulleres participan nun obradoiro de autoestima

Publicado o

O taller de autoestima organizado polo Centro de Información ás Mulleres de Bueu e a Asociación por Beluso comezou esta semana coa participación dunha vintena de mulleres. A actividade, que se desenvolve na Sala Multiusos do local de Benestar Social, ofrece ferramentas para o exercicio dunha vida plena e de valoración das propias capacidades.

Inicio do obradoiro de autoestima. Imaxe: Concello.

A encargada de impartir as sesións é a psicóloga do CIM, Beatriz Monroy, e as seguintes sesións serán o 23 e 30 de xaneiro e o 6 de febreiro. O obradoiro, que é de balde, aborda cuestións como a definición da autoestima e a súa construción, exercicios para a confianza persoal ou técnicas para afrontar os pensamentos negativos. Con todo isto perséguese que as participantes poidan modificar as súas debilidades e mellorar as súas fortalezas para lograr avances na súa vida persoal e profesional.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...