InicioPOLÍTICAO PP reclama unha actuación urxente no espazo empregado polas persoas xubiladas...

O PP reclama unha actuación urxente no espazo empregado polas persoas xubiladas no Centro Social

Publicado o

A voceira, Elena Estévez, denuncia “novas carencias de limpeza de edificios municipais”

O grupo municipal do PP de Bueu volve poñer o foco na limpeza das infraestruturas municipais. Nesta ocasión, a voceira, Elena Estévez, fai mención á situación do Centro Social do Mar. “Hai xa 20 días que o Concello non limpa determinadas partes, en especial a zona empregada para oficinas pola asociación de xubilados“, declarou. Tamén relacionou a causa do problema coa “ausencia de traballadores no servizo de limpeza e á falta de busca de alternativas por parte de Juncal”.

A popular sinala que as persoas que empregan este espazo levan meses solicitando ao goberno o arranxo das filtracións de auga. “O executivo municipal decide facer oídos xordos, a pesar de saber que estes problemas poden causar males maiores, prefiren instalarse na desidia”, afirma. Así, desde o PP solicitan unha reparación da cuberta na maior brevidade. “É imprescindible que Juncal comece a exercer as competencias que lle corresponden ao Concello e abandone a política de slogans, ‘hashtags’ e fotos bonitas”, apunta.

Desde o PP opinan que a limpeza das infraestruturas municipais “segue a ser un asunto esquecido por parte do goberno local” e cualifican de “vergoñentas” e “inxustificables” as políticas executadas. “Desde hai meses persiste na falta de limpeza por sistema e non actuar como debe facelo unha administración pública”, conclúen.

ÚLTIMAS

Beluso acolle a segunda edición do Trail do Nocedo con récord de participación

O pavillón de Beluso acolleu esta mañá a presentación da segunda edición do Trail...

Denuncian o recheo de cemento de 80 metros cadrados da praia da Banda do Río nas obras de Portos

A asociación ecoloxista de Bueu Anduxía vén de expresar o seu "malestar e sorpresa"...

Continúan as reivindicacións pola falta de pediatras e o Sergas anuncia a colaboración “voluntaria” de seis especialistas

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés informou de que reorganizaron a cobertura das...

O PP cuestiona que o goberno “escurra o vulto e non arranxe” os problemas do pavillón de Bueu

"Unha mostra máis da decadencia e da falta de interese do BNG e de...