InicioSOCIEDADE"Cartas de amor", unha exposición artística contra a violencia de xénero

“Cartas de amor”, unha exposición artística contra a violencia de xénero

Publicado o

“Cartas de amor: 15 artistas contra a violencia de xénero” é o nome da exposición que o Centro Social do Mar acolle do 12 ao 29 de xaneiro, organizada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. A mostra, que persegue sensibilizar á poboación máis nova, está situada na entrada deste espazo municipal e recolle unha selección do cómic galego sobre a violencia de xénero.

Algunhas das creacións que se poden ver na exposición “Cartas de amor”. Imaxe: Concello.

Os debuxos pertencen a autores como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, José Luís Méndez, Jack Mircala, Javier Olivares, David Pintor, Pirusca, Primitivo, Sonia Pulido, Paco Roca, Sergi San Julián, Eva Vázquez, Óscar Villán e Anxos Sumai. Todas as creacións buscan facer reflexionar aos adolescentes sobre existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e eliminala.

A orixe de “Cartas de amor” vén da proposta da súa comisaria, Gemma Sesar, a varios debuxantes galegos e nacionais para plasmar nunha imaxe situacións que considerasen como violentas entre adolescentes. Así, perseguía por de manifesto a necesidade de mudar esas actitudes por outras nas que prime o respecto á parella.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...