InicioSOCIEDADEO Club do Mar Bueu presenta o himno "A Maruxía" e...

O Club do Mar Bueu presenta o himno “A Maruxía” e o VII Memorial Pepe O Ruso

Publicado o

O acto será mañá no Centro Social do Mar e tamén inclúe un coloquio de Arturo S. Cidrás

“Con orgullo e sacrificio, con forza a loitar, imos a gañar”. Estes son algúns dos versos do himno “A Maruxía” do Club do Mar Bueu Simei, que xa foi lanzado nas redes sociais do club e que será presentado á veciñanza este venres nun acto no Centro Social do Mar.

O evento comezará ás 19.00 horas e tamén está previsto unha intervención do investigador e experto en historia local, Arturo Sánchez Cidrás. Será o encargado de ofrecer unha retrospectiva sobre o remo na vila de Bueu, así como sobre os seus inicios. Tras isto terá lugar a interpretación do himno en directo pola agrupación musical “Os Mulos”. Unha peza cargada de emoción e cuxa letra foi obra de Suso “O Viti”, mentres que a música corresponde a Miguel Loira.

Esta estrea coincide coa presentación do VII Memorial Pepe O Ruso, que se celebrará no peirao da vila o vindeiro 15 de xaneiro a partir das 11.30 horas no formato de regata a contrarreloxo. Cómpre recordar que o Club do Mar de Bueu viviu unha derradeira tempada que foi histórica ao acadar fitos como ser campións de España de Traiñeiras ou participar por primeira vez na clasificatoria da regata da Concha, ao que se suma o segundo posto na Liga Galega de Traiñeiras. Agora, o novo himno será un apoio máis para impulsalos.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...