InicioPOLÍTICAO PP critica a falta de medios na Policía Local e de...

O PP critica a falta de medios na Policía Local e de limpeza nas súas instalacións

Publicado o

A voceira do Partido Popular de Bueu, Elena Estévez, vén de denunciar a situación da Policía Local e que cualifica de “dramática” pola falta de medios e efectivos así como de limpeza na súa sede. Estévez apunta a que o tratamento por parte do goberno municipal é obxecto de queixas por parte tamén da veciñanza e é froito “do desdén e a pasividade coa que BNG e ACB tratan este servizo básico”.

A popular sinala que a situación é “totalmente degradante para as persoas traballadoras” e refírese á falta de limpeza nas instalacións, ao igual que xa denunciou noutros espazos como a Casa da Música Manuel Omil. “Débese á falta de rigor e planificación por parte dun (des)goberno instalado na apatía e na falta de ideas”, explica.

Neste sentido, desde o PP reclaman que se realicen diferentes obras para acondicionar as instalacións como vestiarios e baños para homes e mulleres. “Esixímoslle a Félix Juncal e Julio Villanueva, que xa estarán a traballar nos Orzamentos para o 2023, que chegarán unha vez máis fóra de prazo, que inclúan as partidas presupostarias necesarias”, indican. Así, tamén considera “vergoñento” que policías se vean na obriga de compartir chalecos. “Deberían ter cada un a súa indumentaria propia”, afirma.

Por último, a voceira pronunciouse sobre a falta de efectivos da Policía Local. “Non nos cansaremos de seguir poñendo o foco sobre a necesidade de que se cubran as prazas vacantes, unha oferta de emprego obrigada para garantir a seguridade da veciñanza de Bueu” e conclúe que “o alcalde, unha vez máis, se dedica a mirar cara ao outro lado”.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...