InicioUncategorizedLedicia Costas e El Hematocrítico protagonizan o primeiro encontro literario do ano

Ledicia Costas e El Hematocrítico protagonizan o primeiro encontro literario do ano

Publicado o

Esta mañá tamén se celebrou o Torneo 3×3 Futsal coa participación de oito equipos

A programación de Nadal continúa na vila antes da chegada dos Reis Magos. Da man da organización de Libraría Miranda e a colaboración do Concello de Bueu, a vila acolleu onte o primeiro dos encontros literarios deste ano coa presenza dos escritores Ledicia Costas e El Hematocrítico.

Ambos ofreceron un coloquio na Carpa das Lagoas diante dun público no que destacou a presenza da cativada. Posteriormente, houbo unha sinatura de exemplares e as persoas asistentes tiveron a oportunidade de conversar cos autores.

Encontro literario de Ledicia Costas e El Hematocrítico na carpa das Lagoas.

Ledicia Costas é unha das autoras máis recoñecidas na actualidade e ten obras dirixidas ao público infantil e xuvenil como “Escarlatina, a cociñeira defunta”. Pola súa parte, El Hematocrítico tamén escribiu varios títulos infantís de éxito como “Doña problemas”.

O primeiro Torneo 3×3 Fustsal de Nadal xa ten gañadores

Esta mañá disputouse a primeira edición do Torneo 3X3 Futsal de Nadal coa participación de oito equipos e onde resultou gañador “Tocagaitas”. O segundo posto do torneo, que tivo lugar na multipista das Lagoas, foi para “Da igual” e o terceiro para o equipo “Balcón”.

Equipos gañadores do primeiro Torneo 3×3 Futsal de Nadal.

A programación deportiva segue o sábado coa estrea do Torneo Pin-Pon Nadal na carpa das Lagoas coa colaboración dos centros educativos CEIP Montemogos, IES Illa de Ons e IES Johan Carballeira.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...