InicioCULTURAO FICBUEU abre o prazo para a presentación de obras

O FICBUEU abre o prazo para a presentación de obras

Publicado o

O 16º Festival Internacional de Cinema de Bueu celebrarase do 9 ao 23 de setembro do 2023

O FICBUEU vén de abrir o prazo de presentación de obras para a 16ª edición do festival, que se desenvolverá entre o 9 e o 23 de setembro do 2023. A recepción de curtametraxes prolongarase ata o 15 de marzo ás 15.00 horas e as bases contemplan cinco seccións competitivas, seguindo a liña da anterior edición do certame.

As pezas cinematográficas deberán enviarse a través da plataforma Shortfilmdepot cunha taxa de inscrición de dous euros. Poderán presentarse traballos de calquera xénero estreados a partir do 1 de xaneiro do 2022, cunha duración máxima de 30 minutos. As obras seleccionadas daranse a coñecer en xuño e optarán a máis de 5.500 euros en premios. A convocatoria para os centros educativos galegos está previsto que se publique no mes de maio.

Un momento da gala de clausura da derradeira edición do FICBUEU.

Os traballos presentados competirán por entrar nas seccións: Oficial, España, Galicia, Descubertas e Escolas Internacionais, conformando gran parte da programación do festival. O FICBUEU persegue contribuír á difusión cinematográfica non só coa promoción das mellores curtametraxes, senón tamén levando a cabo actividades máis alá do evento.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...