A cidadanía poderá depositar obxectos como tubos fluorescentes, baterías ou pilas
A Mancomunidade de Concellos do Morrazo instalará seis puntos limpos de proximidade para a recollida selectiva de residuos especiais de mediano e pequeno tamaño. Faino tras acadar unha subvención da Consellería de Medio Ambiente de 27.000 euros, da que o ente supramunicipal terá que achegar 9.114 euros para o financiamento da totalidade.
Estes puntos de reciclaxe teñen diversos compartimentos para a recollida de residuos que carecen de sistemas de ordinarios de recollida, reforzando o servizo do Punto Limpo. A cidadanía poderá depositar neles obxectos como tubos fluorescentes, pilas e baterías, cartuchos de tinta, disolventes, lámpadas, pinturas, CD e DVD ou cápsulas de café. Eses residuos serán enviados posteriormente ao Punto Limpo da Mancomunidade, situado xunto ao polígono de Castiñeiras.
Os puntos limpos de proximidade situaranse na vía pública e está previsto que cada municipio conte con dous ao comezo do 2023. Tamén se recibiron unhas placas de lectura braille para que os colectores sexan accesibles para un maior número de persoas.
Desde o ente supramunicipal destacan que o proxecto terá beneficios medioambientales e económicos, como o aumento dos ratios de recollida e xestión sostible, así como a redución dos gases de efecto invernadoiro.