InicioSOCIEDADEO 25296, cuarto premio da Lotaría de Nadal, sorrí a Bueu

O 25296, cuarto premio da Lotaría de Nadal, sorrí a Bueu

Publicado o

O cuarto premio da Lotaría de Nadal, o 25296, foi vendido en Bueu. Así o recolle a web da Lotaría Nacional. Os décimos premiados foron vendidos na Administración nº1 de Lotaría bueuesa.

O número 25.296 resultou agraciado co segundo dos dous cuartos premios do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, dotado con 200.000 euros á serie. Trátase do último premio grande do sorteo deste ano. A administración número 6 de Alacante conta con 86 series e a 1 de Órgiva (Granada) con 30, pero tamén hai 18 series en Bueu (Pontevedra) e 15 en Espluges de Llobregat (Barcelona).

Así, este número deixou 3,6 millóns de euros na localidade de Bueu, e tocou outros municipios de Pontevedra, como Vigo –con tres décimos–, A Illa –cun– e Tui –tamén cun–. En Ourense, vendeuse un décimo en Xinzo e outro en Ourense, agraciados con 20.000 euros cada un.

O número foi cantado ás 12.46 horas no décimo arame da sétima táboa. Natalia Rodríguez Liriano e Nelyin Ma Zamorán Hernández cantaron número e premio e Paula Figuereo Figuereo e Francisco Moreno Durán extraeron as bólas.

ÚLTIMAS

Beluso acolle a segunda edición do Trail do Nocedo con récord de participación

O pavillón de Beluso acolleu esta mañá a presentación da segunda edición do Trail...

Denuncian o recheo de cemento de 80 metros cadrados da praia da Banda do Río nas obras de Portos

A asociación ecoloxista de Bueu Anduxía vén de expresar o seu "malestar e sorpresa"...

Continúan as reivindicacións pola falta de pediatras e o Sergas anuncia a colaboración “voluntaria” de seis especialistas

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés informou de que reorganizaron a cobertura das...

O PP cuestiona que o goberno “escurra o vulto e non arranxe” os problemas do pavillón de Bueu

"Unha mostra máis da decadencia e da falta de interese do BNG e de...