O cuarto premio da Lotaría de Nadal, o 25296, foi vendido en Bueu. Así o recolle a web da Lotaría Nacional. Os décimos premiados foron vendidos na Administración nº1 de Lotaría bueuesa.
O número 25.296 resultou agraciado co segundo dos dous cuartos premios do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, dotado con 200.000 euros á serie. Trátase do último premio grande do sorteo deste ano. A administración número 6 de Alacante conta con 86 series e a 1 de Órgiva (Granada) con 30, pero tamén hai 18 series en Bueu (Pontevedra) e 15 en Espluges de Llobregat (Barcelona).
Así, este número deixou 3,6 millóns de euros na localidade de Bueu, e tocou outros municipios de Pontevedra, como Vigo –con tres décimos–, A Illa –cun– e Tui –tamén cun–. En Ourense, vendeuse un décimo en Xinzo e outro en Ourense, agraciados con 20.000 euros cada un.
O número foi cantado ás 12.46 horas no décimo arame da sétima táboa. Natalia Rodríguez Liriano e Nelyin Ma Zamorán Hernández cantaron número e premio e Paula Figuereo Figuereo e Francisco Moreno Durán extraeron as bólas.