InicioPOLÍTICAO proxecto de reforma do pavillón de Beluso será presentado este venres...

O proxecto de reforma do pavillón de Beluso será presentado este venres á veciñanza

Publicado o

O goberno local presentará este venres o proxecto de reforma do Pavillón Municipal de Beluso, unha actuación de 1,5 millóns de euros que prevé solucionar as múltiples deficiencias desta infraestrutura, como filtracións e humidades. O acto será ás 17.00 horas na instalación deportiva e contará coa presenza do alcalde e do edil de Deportes así como dos técnicos redactores do proxecto. Tamén están convidados a asistir representantes de colectivos e veciñanza en xeral.

Imaxe do proxecto de reforma do pavillón de Beluso. Fonte: Concello.

“Nesta obra tamén se apostará pola eficiencia enerxética con solucións innovadoras e adaptadas aos tempos que vivimos”, avanzou o rexedor, Félix Juncal. A infraestrutura necesita unha actuación para cumprir co código técnico e Juncal lembra que actualmente conta cun deficiente illamento da soleira de formigón, danando tanto a pista como os vestiarios. O obxectivo é resolver esas eivas, que xa hai uns anos foran advertidas á Deputación, que foi quen acometeu as obras.

Para acometer a actuación o Concello explorará varias vías de financiamento, como os fondos Next Generation dentro das axudas do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos. O proxecto tamén será enviado á Secretaría Xeral para o Deporte. “Buscaremos a sinatura dun convenio de colaboración para que a Xunta de Galicia cumpra co acordado nas reunións mantidas”.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...