InicioPOLÍTICAO PP entrega a Cáritas alimentos para a campaña de Nadal

O PP entrega a Cáritas alimentos para a campaña de Nadal

Publicado o

O PP de Bueu organizou durante as últimas semanas unha recollida de alimentos que agora vén de entregar a Cáritas. A voceira popular, Elena Estévez, fixo entrega esta mañá esta colaboración de alimentos na sede da organización, xunto a outros membros do PP local.

Entrega dos alimentos na sede de Cáritas.

“Hai que seguir contribuíndo como sociedade para que todas as familias poidan pasar as festas nas mellores condicións”, declarou Estévez. Tamén agradeceu o labor desta organización que actualmente axuda a máis de 70 familias da vila. Estévez lembrou que este xoves se celebrará diante da sede de Cáritas o sorteo dunha cesta doada polo PP e cuxa recadación será destinada a accións durante todo o ano.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...