InicioSOCIEDADE#BueuTenPremio, un concurso para dinamizar o Nadal nas redes sociais

#BueuTenPremio, un concurso para dinamizar o Nadal nas redes sociais

Publicado o

O Concello de Bueu organiza un concurso de dinamización do Nadal que premiará as mellores propostas audiovisuais que poñan en valor a decoración dos establecementos comerciais e dos espazos públicos e fogares. O concurso, que xa está aberto en Instagram e TikTok, repartirá 600 euros entre as diversas categorías.

A iniciativa, organizada polas concellarías de Cultura e Promoción Económica, conta coa colaboración da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO) e Asociación Veciñal da Banda do Río, co obxectivo de incrementar o espírito festivo nestas datas.

Baixo o cancelo #BueuTenPremio, as persoas poderán subir aos seus perfís de TikTok ou Instagram vídeos etiquetando ao @concellodebueu. O concurso propón dúas categorías, unha de vídeos que amosen a decoración de Nadal dos comercios locais e outra de decoración de fogares ou espazos públicos. Ademais de promover o consumo nos comercios locais a través das redes sociais, tamén se persegue axudalos a integrarse e coñecer os beneficios da era dixital.

O concurso estará aberto ata o 7 de xaneiro e, tal e como recollen as bases, as persoas participantes terán que ser maiores de 16 anos e gravar un vídeo en galego co máximo espírito de Nadal, cunha duración máxima de 120 segundos. Deberán engadir o cancelo da categoría na que participan, #NoNadalComercioLocal (comercio) ou #NoNadalEspazosLocais (espazos e fogares).

O Concello investirá 600 euros que repartirá en seis vales de compras para gastar nos establecementos do Comercio do Morrazo. O xurado estará composto por representantes municipais, do comercio local e tecido asociativo e expertos no mundo audiovisual.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...