InicioSOCIEDADEBueu prende o alumeado de Nadal

Bueu prende o alumeado de Nadal

Publicado o

Bueu abriu onte a conta atrás para o Nadal co acendido do alumeado cun acto simbólico na praza Massó coa presenza do alcalde e de concelleiros e concelleiras do BNG e do PP. Precisamente, a inauguración da iluminación de Nadal realizouse diante dunha das novidades deste ano, o abeto natural de seis metros que se sitúa próximo á Casa Consistorial.

Ademais desta árbore, na zona instaláronse dous renos con iluminación e un pequeno poboado preparado para fotos coa cativada. Desde o Concello apuntan a que o despregue deste ano inclúe máis de medio cento de arcos que se repartirán por todo o municipio, así como unha trintena de adornos para as farolas e árbores e a instalación dun cento de grilandas.

Acto de inauguración da iluminación de Nadal, coa presenza de integrantes da corporación municipal.

A gran maioría das luces empregadas son de tipo LED, unha medida destinada ao aforro e eficiencia enerxética. Ademais, o apagado será a medianoite, agás os días festivos e previos, que contarán cun horario máis amplo. Sinalan que esta redución horaria permitirá contar con máis luces nas zonas comerciais, un dos reclamos para activar o consumo no local. Nos vindeiros días, o Concello dará a coñecer a programación de actividades para a toda a familia para as festas.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...