InicioSOCIEDADEAnécdota: un restaurante de Bueu cóase no directo de Luis Enrique

Anécdota: un restaurante de Bueu cóase no directo de Luis Enrique

Publicado o

Un dos elementos máis destacados de Bueu é a súa gastronomía e os seus restaurantes son ben coñecidos máis alá da comarca do Morrazo. Unha mostra disto deixouna o directo de onte en Twitch do adestrador da selección española, Luis Enrique, que estivo acompañado polo psicólogo da selección, Joaquín Valdés.

Nas súas emisións en directo é habitual que tanto Luis Enrique como os seus acompañantes contesten ás preguntas que os usuarios lle fan polo chat. Onte, algunhas das cuestións centráronse na gastronomía e Luis Enrique animou a Joaquín Valdés a que recomendara restaurantes dos sitios nos que estivera. Valdés, que tamén foi psicólogo do RC Celta, non dubidou en acordarse do restaurante bueués Peixoto. “Meu amigo Manolo do Peixoto, temos que volver para comernos unha boa mariscada“, afirmou mentres o técnico da selección asentía.

O Peixoto, situado na Praia de Beluso, é un dos restaurantes referentes cunha carta protagonizada pola oferta de mariscos e peixes. Ademais, son moitas as persoas que cada verán se deixan ver neste lugar, como Alessandro Lecquio.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...