InicioPOLÍTICAO PP demanda un proxecto de mellora para a antiga escola unitaria...

O PP demanda un proxecto de mellora para a antiga escola unitaria do Cabalo

Publicado o

O grupo municipal do Partido Popular levará ao pleno de decembro unha moción que insta ao goberno local a redactar un proxecto para a mellora da antiga escola unitaria do Cabalo. Os populares solicitan tamén que se presente nalgunhas das liñas de financiamento que ofrecen a Xunta de Galicia ou a Deputación de Pontevedra.

Espazo da antiga escola unitaria do Cabalo.

Desde o PP de Bueu indican que a escola unitaria do Cabalo forma parte dos bens de titularidade do Concello e que é empregada pola veciñanza para diversas actividades desde hai varios anos. A voceira, Elena Estévez, sostén que “a administración municipal non realizou obras de adaptación e mellora do espazo” desde que o centro se deixou de empregar como ensino infantil e “a pesar de que se emprega con diferentes fins”.

O grupo do PP no derradeiro pleno extraordinario de novembro.

Estévez explica que administracións públicas como a Xunta e Deputación ofrecen posibilidades para que o Concello obteña fondos para mellorar este tipo de infraestruturas e o seu uso por parte da veciñanza e dos colectivos. “Faise imprescindible que o goberno local asuma a iniciativa de remodelar este espazo, mediante a redacción dun proxecto e a concorrencia ás liñas de axudas”, conclúe.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...