InicioECONOMÍAO ecolóxico conquista Bueu

O ecolóxico conquista Bueu

Publicado o

Os produtos ecolóxicos e artesanais triunfaron onte na vila da man dunha nova edición do mercado ecolóxico e artesanal organizado polo Co. Arredor de vinte postos encheron a carpa das Lagoas para ofrecer unha gran variedade de produtos ás persoas asistentes, que tamén puideron gozar de actividades paralelas como coloquios, catas de produtos artesanais ou obradoiros.

Mel, viño ou cervexa ecolóxica, aceite, pan, especias, queixos ou carnes. Estes foron algúns dos produtos que os postos ofreceron ás persoas que se achegaron ao mercado. Ademais, o restaurante Il Popolo contou cun posto gastronómicos con especialidades de outono e de tempada para o xantar.

Interior do mercado ecolóxico e artesanal organizado onte en Bueu.

Mais o mercado non só abarcou o gastronómico, senón que tamén houbo espazo para a artesanía. Diversos expositores mostraron as súas especialidades feitas con materiais como madeira ou coiro e que ían desde xogos tradicionais para a cativada ata pezas de xoiaría.

O evento, que xa conta con máis de dez anos de historia, complementouse con actividades paralelas como unha cata de cervexa artesanal feita con mirabeles, un obradoiro para a rapazada de elaboración de queixos ou un coloquio sobre experiencias de xestión agroforestal. Tampouco faltou a música a cargo da charanga BCB para animar o ambiente. O mercado ecolóxico de Bueu suma así unha nova edición amosando o seu compromiso coa sostibilidade e a certificación ecolóxica e artesanal.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...