InicioPOLÍTICABNG e ACB piden que se cubran as baixas en pediatría

BNG e ACB piden que se cubran as baixas en pediatría

Publicado o

Os grupos municipais de BNG e ACB presentan unha emenda conxunta á moción do PSOE sobre a situación do PAC de Bueu para o seu debate na comisión informativa. Os partidos que conforman o goberno local solicitan que na moción tamén se inste ao Sergas a cubrir de xeito eficaz as baixas en pediatría. Demandan á vez un “protocolo claro” para a atención en Bueu das familias e que non “afecte nin sature” ao PAC nin as urxencias hospitalarias.

Desde BNG e ACB alertan sobre situacións como a vivida o pasado xoves cando non había ningún profesional de pediatría no centro de saúde para atender á cativada dos dous existentes. “Demostra as eivas coas que conta a atención primaria no noso centro de saúde pola falta de persoal”, indican.

Un cartel que indica a falta de pediatra no Centro de Saúde de Bueu.

Ambas formacións sinalan que houbo casos nos que en días anteriores foran atendidos no PAC e nos que se lle recomendaba pedir cita de urxencia ao seu pediatra, que non dispoñía de ocos ata o 11 de decembro. “Ao chegar non puido ser revisada por outro profesional, volvéndoselle a remitir que asistira ao PAC ou ás urxencias de pediatría do Hospital Provincial”, explican. BNG e ACB afirman que non se trata “dun feito illado” e que afecta á atención pediátrica a nivel local e da área sanitaria, como ao propio funcionamento do PAC.

Outros dos problemas existentes pasan pola cancelación de citas xa dadas ante a falta de profesionais. Ante todo isto, os grupos piden que se artellen sistemas desde o Sergas para cubrir de xeito eficaz as baixas en pediatría así como o establecemento dun protocolo para a atención en Bueu das familias.

A moción do PSOE reclama ao Sergas a cobertura das baixas e vacacións do persoal médico do PAC de Bueu así como a mellora das condicións do servizo de fisioterapia, cun incremento do persoal. Tamén insta a ampliar a Bueu o servizo de liña directa de autobús que existe entre Montecelo e Marín.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...