InicioMEDIO AMBIENTEUn debate sobre o impacto do turismo no medio natural

Un debate sobre o impacto do turismo no medio natural

Publicado o

A Plataforma de Afectadas polo Turismo do Morrazo organiza este sábado un debate en Bueu sobre o impacto do turismo no medio natural. A actividade será na Sala Aturuxo ás 12.30 horas e están convidados a participar a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), a Asociación pola Conservación do Litoral de Bueu (Anduxía) e o biólogo Xurxo Mouriño. Todos eles expoñerán o impacto que ten o turismo no medio mariño, no litoral e no medio terrestre.

Ademais, desde a plataforma sinalan que tamén están convidadas outras asociacións e colectivos como as comunidades de montes. “Consideramos que poden ter unha visión enriquecedora sobre o que está pasando”, afirman. Nesta liña tamén fan un chamamento á veciñanza da comarca para participar neste encontro, no que poderán achegar diversas ideas ou solucións para estas problemáticas.

Esta é a segunda xornada que a Plataforma de Afectadas polo Turismo do Morrazo organiza na comarca. O ciclo comezou o pasado 13 de outubro en Cangas coa proxección do documental “Tot Inclós”. A seguinte cita, despois do debate deste sábado, será o 10 de decembro nunha xornada sobre vivenda e turismo en Moaña.

ÚLTIMAS

Beluso acolle a segunda edición do Trail do Nocedo con récord de participación

O pavillón de Beluso acolleu esta mañá a presentación da segunda edición do Trail...

Denuncian o recheo de cemento de 80 metros cadrados da praia da Banda do Río nas obras de Portos

A asociación ecoloxista de Bueu Anduxía vén de expresar o seu "malestar e sorpresa"...

Continúan as reivindicacións pola falta de pediatras e o Sergas anuncia a colaboración “voluntaria” de seis especialistas

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés informou de que reorganizaron a cobertura das...

O PP cuestiona que o goberno “escurra o vulto e non arranxe” os problemas do pavillón de Bueu

"Unha mostra máis da decadencia e da falta de interese do BNG e de...