InicioSOCIEDADEO Concello presenta a programación polo Día Internacional Contra as Violencias Machistas

O Concello presenta a programación polo Día Internacional Contra as Violencias Machistas

Publicado o

O Concello vén de presentar a programación polo Día Internacional Contra as Violencias Machistas, que terá lugar o vindeiro venres 25 de novembro e que estará moi centrada na sensibilización. Os actos, que comezaron o pasado sábado coa ópera “Papagena”, inclúen tamén unha concentración e declaración institucional, unha performance e a proxección dun filme.

A Praza Massó acollerá o 25 de novembro unha concentración en repulsa das violencias machistas ás 12.00 horas e na que tamén se lerá o manifesto institucional. Estará centrado na reclamación de máis fondos para os Centros de Información ás Mulleres, que constitúen o recurso primeiro que teñen moitas mulleres vítimas de violencias machistas.

Outra concentración realizada en marzo con motivo do Día Internacional da Muller.

Tras isto, ás 12.30 horas, terá lugar a performance “A última cea” e que no caso de chuvia se trasladará ao Centro Social do Mar. Na programación tamén colabora o Cineclub Bueu que proxectará o filme “Unha moza prometedora”. Será ás 21.00 horas no Centro Social do Mar con entrada de balde.

Ademais destes actos, a concellaría de Igualdade programou obradoiros nos centros educativos como en anteriores anos. “Cremos que é importante concienciar desde as idades máis temperás”, explica a concelleira da área, Ana Isabel Otero.

ÚLTIMAS

Beluso acolle a segunda edición do Trail do Nocedo con récord de participación

O pavillón de Beluso acolleu esta mañá a presentación da segunda edición do Trail...

Denuncian o recheo de cemento de 80 metros cadrados da praia da Banda do Río nas obras de Portos

A asociación ecoloxista de Bueu Anduxía vén de expresar o seu "malestar e sorpresa"...

Continúan as reivindicacións pola falta de pediatras e o Sergas anuncia a colaboración “voluntaria” de seis especialistas

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés informou de que reorganizaron a cobertura das...

O PP cuestiona que o goberno “escurra o vulto e non arranxe” os problemas do pavillón de Bueu

"Unha mostra máis da decadencia e da falta de interese do BNG e de...