InicioCULTURABueu "arde" con Juan Gómez-Jurado

Bueu “arde” con Juan Gómez-Jurado

Publicado o

Que leva a Juan Gómez-Jurado a incluír Bueu dentro da súa xira de presentación en cidades como Madrid ou Barcelona? A resposta estivo no acto de onte. Era unha das citas literarias máis agardadas da tempada e non houbo decepcións. Juan Gómez-Jurado chegou a Bueu para presentar a súa derradeira novela, “Todo arde”, nun acto organizado por Libraría Miranda e no que estivo acompañado polo seu amigo e tamén escritor, Manel Loureiro.

Juan Gómez-Jurado e Manel Loureiro na presentación de “Todo arde” no Centro Social do Mar.

Cun característico humor, ambos converteron a presentación nun dinámico encontro co público no que tamén reflexionaron sobre diversos aspectos da súa derradeira novela. O máis importante foi a construción dos personaxes, con especial fincapé en Mari Paz Celeiro, nada en Vilariño (Ourense). Así, Juan Gómez-Jurado narrou a experiencia de incluír frases en galego para este personaxe, así como o establecemento da súa personalidade.

O público encheu o aforo do Centro Social do Mar.

A presentación encheu o Centro Social do Mar e xa levaba máis de catro días co cartel de “aforo completo”. Precisamente, Bueu fíxose un oco entre a xira de Gómez-Jurado polas cidades do país. “Seguirei vindo a Bueu”, confesou ao final do acto. Así, tamén fixo unha excepción e firmou libros ao rematar, que previamente as persoas asistentes tiveron que deixar aos responsables de Libraría Miranda e que hoxe terán que ir buscar ao establecemento.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...