InicioCULTURAAforo completo para a presentación de Juan Gómez-Jurado en Bueu

Aforo completo para a presentación de Juan Gómez-Jurado en Bueu

Publicado o

“Todo arde” é a nova novela do escritor Juan Gómez-Jurado e que mañá presentará na vila nun evento organizado por Libraría Miranda. Será nun acto no Centro Social do Mar, a partir das 19.00 horas e para o que xa se colocou o cartel de “aforo completo” desde fai catro días.

Esta cita enmárcase dentro da primeira xira que Juan Gómez-Jurado está facendo por cidades de toda España para presentar a novela. Bilbao, Barcelona ou Valencia son algúns dos lugares cos que comparte cartel Bueu, grazas á relación que o escritor mantén coa vila. Na presentación estará tamén acompañado polo escritor Manel Loureiro.

O escritor Juan Gómez-Jurado, que chega mañá a Bueu.

Juan Gómez-Jurado é xornalista e autor de varias novelas de gran éxito como “Reina Roja”, “Loba Negra” ou “Rey Blanco”, con máis dun millón de exemplares vendidos. O seu novo thriller, “Todo arde” narra a historia de tres mulleres que o perderon todo e que se “atreven a facer todo o que os demais só nos atrevemos a imaxinar”. Ademais, o escritor está inmerso na gravación da serie baseada na súa exitosa novela “Reina roja”.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...