InicioSOCIEDADEBueu acolle este sábado a presentación de Xornal de Bueu

Bueu acolle este sábado a presentación de Xornal de Bueu

Publicado o

Tras case máis dun ano en funcionamento, Bueu acolle este sábado a presentación pública do medio de información dixital Xornal de Bueu. Será nun acto ás 12.00 horas no Centro Social do Mar e onde a responsable do proxecto, a xornalista bueuesa Carmen García, explicará en profundidade a iniciativa.

Xornal de Bueu naceu como un traballo de fin de grao de Xornalismo e estivo titorizado por Xurxo Salgado, director de Galicia Confidencial. Trala súa defensa, Xornal de Bueu continuou medrando ata converterse nun medio dixital de referencia para a sociedade bueuesa.

Na presentación, Carmen García narrará a orixe de Xornal de Bueu, os seus obxectivos e os primeiros resultados. Ademais de dar conta do traballo feito ata ese mesmo día, analizará algún dos aspectos claves do medio como a súa estratexia en redes sociais e o emprego do galego. Neste acto, a veciñanza poderá coñecer dunha maneira máis próxima o proxecto e tamén resolver todas aquelas dúbidas que teñan.

Xornal de Bueu vén de iniciar unha nova etapa da man de Galicia Confidencial, o primeiro diario electrónico en galego e un dos que acumula máis audiencia na rede. Ademais de ofrecer soporte técnico cunha renovada web, a imaxe de Xornal de Bueu tamén mudou camiño da súa profesionalización. Todas estas cuestións tamén serán tratadas no acto.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...