InicioPOLÍTICAA Xunta aproba o proxecto de construción de beirarrúas na Achadiza

A Xunta aproba o proxecto de construción de beirarrúas na Achadiza

Publicado o

As obras serán no 2023 cun prazo de execución de seis meses

Trala aprobación no Consello da Xunta de Galicia de setembro, o Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle hoxe a confirmación do proxecto de mellora da seguridade viaria e da mobilidade na estrada autonómica PO-315 ao seu paso por Beluso.

Desde a Consellería de Infraestruturas indican que a previsión é licitar as obras e convocar o levantamento de actas previas das expropiacións no último trimestre do ano, para a súa execución no 2023. O prazo para a realización dos traballos é de seis meses e o goberno galego destinará un investimento de 340.000 euros, incluíndo o pagamento dos predios necesarios.

Proxecto de beirarrúas na Achadiza. Imaxe: Xunta.

O obxectivo é a construción dunha beirarrúa de 600 metros pola marxe esquerda da estrada para conectar as beirarrúas existentes nos núcleos da Achadiza e Cabalo. Así mesmo, ampliarase a plataforma da estrada e instalaranse paradas de autobús con refuxios en ambos laterais da vía.

Os traballos incluirán a drenaxe e a modernización dos servizos nese treito así como a renovación da capa de rodaxe nas zonas da estrada que teñan o firme deteriorado. Tamén se procederá á estabilización do noiro de desmonte existente na curva, que actualmente ten unha pendente moi vertical.

Visita en marzo á zona cando se anunciou o proxecto de mellora.

Desde a Xunta de Galicia afirman que esta nova actuación en Bueu dá continuidade aos proxectos de reforzo da seguridade viaria e acondicionamento de espazos peonís no municipio.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...