InicioSUCESOSTrasladan catro persoas ao PAC por inhalar fume tras arder un electrodoméstico...

Trasladan catro persoas ao PAC por inhalar fume tras arder un electrodoméstico nunha casa da Graña

Publicado o

Catro persoas foron trasladadas ao Punto de Atención Continuada ao resultar intoxicadas por inhalación de fume despois de declararse un incendio nunha casa da vila provocado por un electrodoméstico.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o incidente produciuse ás 05,00 horas deste venres nunha vivenda do lugar da Graña, onde acudiron os efectivos dos bombeiros e os profesionais sanitarios.

Finalmente, a intervención dos equipos de extinción non foi necesaria, xa que os inquilinos da vivenda lograron sufocar as chamas antes da súa chegada. Con todo, o catro ocupantes da casa requiriron atención sanitaria.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...