InicioSOCIEDADEDe Bueu ao Vaticano

De Bueu ao Vaticano

Publicado o

2.375 quilómetros separan Bueu da praza de San Pedro do Vaticano. Porén, un grupo de veciños e veciñas da parroquia de San Martiño da vila demostrou, unha vez máis, que non existen fronteiras. Despois de percorrer diversos lugares de Italia, onte chegaron á Cidade do Vaticano, onde conseguiron facerlle chegar ao Papa Francisco unha figura de cerámica do faro da Illa de Ons.

Veciñanza co faro de Ons en cerámica e a bandeira de Bueu na praza de San Pedro no Vaticano.

O grupo da parroquia, co que tamén viaxou o párroco José López, asistiu onte á habitual Audiencia Papal dos mércores ás nove da mañá onde ten lugar unha serie de lecturas así como a bendición aos fieis. Ademais, tal e como sinala o párroco bueués, conseguiron facerlle chegar ao Papa Francisco, a máxima autoridade da Igrexa Católica, unha figura de cerámica que representa o faro da Illa de Ons. Tamén ondearon a bandeira bueuesa na praza, unha instantánea para o recordo.

Veciños e veciñas bueueses e o párroco da vila, José Lopez, coa figura do faro de Ons que foi entregada ao Papa Francisco.

A xornada de onte tamén estivo marcada polo recibimento de Antonio Pelayo, xornalista e correspondente de Antena 3 en Roma. Pelayo acumula unha traxectoria destacada e leva décadas cubrindo a información do Vaticano

O grupo da parroquia de San Martiño co xornalista Antonio Pelayo, no centro da imaxe

A viaxe comezou o pasado venres e entre os lugares que visitaron antes do Vaticano atópanse Florencia, Venecia, Verona, Bérgamo, Milán e Roma. Unha excursión de sete días que remata mañá cun recordo inesquecible para os fieis bueueses.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...