InicioCULTURAAdicam recupera a marcha "Fina Acuña" con saída desde Bueu

Adicam recupera a marcha “Fina Acuña” con saída desde Bueu

Publicado o

A Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama e Xinecolóxico (Adicam) recupera este domingo a Marcha Solidaria “Fina Acuña”, en homenaxe á fundadora da asociación así como á loita contra o cancro. Despois de dous anos en pausa pola pandemia, a cor rosa volverá encher ás rúas da comarca.

Baixo o lema “Este ano volvemos a camiñar xunt@s”, a marcha solidaria terá saída ás 9.45 horas desde o Concello de Bueu e ás 10.00 horas desde o de Moaña. A andaina rematará en Cangas diante da sede de Adicam na Casa da Bola e onde confluirán as marchas saídas de Moaña e Bueu.

Como novidade, este ano é preciso inscribirse con anterioridade por mor da necesidade de contratar un seguro de accidentes. As persoas interesadas en participar poden facelo ata o mesmo domingo ás 9.00 horas, a través da web de Carreiras Galegas.

Iluminación polo Día Mundial da Loita Contra o Cancro de Mama

Así, onte celebrouse o Día Mundial da Loita Contra o Cancro de Mama e desde o Concello de Bueu quixeron unirse á data coa iluminación en cor rosa da fonte cibernética da Praza Massó

No acto estiveron presentes membros de Adicam e da Xunta Local da AECC e integrantes da corporación local como o alcalde, Félix Juncal e as concelleiras Ana Isabel Otero, Silvia Carballo e Ricardo Verde. Tamén participaron os edís do PP María Blanco e Jesús Piedras.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...