InicioPOLÍTICAA Subdelegación do Goberno ve "máis cerca" a apertura dun posto da...

A Subdelegación do Goberno ve “máis cerca” a apertura dun posto da Garda Civil en Bueu

Publicado o

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, ve “hoxe máis cerca que nunca a posibilidade de crear un posto de atención á cidadanía da Garda Civil en Bueu“. Afirmouno esta mañá tras reunirse co alcalde da vila, Félix Juncal, para valorar a creación do posto da Garda Civil.

Durante a xuntanza, a subdelegada do goberno informou ao alcalde da posibilidade de instalar o posto da Garda Civil nun local da Casa do Mar, sempre e cando a Xunta de Galicia acepte devolver o espazo que non usa á Seguridade Social. Precisamente, Larriba explicou que aínda que a propiedade do local é da Seguridade Social, o espazo atópase cedido na actualidade á Xunta de Galicia, o que fai necesario unha retrocesión parcial do inmoble.

Reunión esta mañá da subdelegada do Goberno, Maica Larriba, co alcalde da vila, Félix Juncal.

Así, a subdelegada afirmou que a idea é instalar o posto da Garda Civil nas instalacións vacías da Casa do Mar, onde estaba a antiga cafetería. “Ata o momento, a Seguridade Social non aceptaba unha retrocesión parcial das instalacións, pero conseguimos xa a súa aprobación e permitirá, sempre que a Xunta devolva o local que ten en desuso, desbloquear unha situación pendente durante máis dunha década”, sinalou Larriba, que se referiu tamén ás reivindicacións da cidadanía.

No encontro tamén participou o coronel xefe da Garda Civil na provincia, Simón Venzal, e o director provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social en Pontevedra, Juan Agustín Herrera. Nos vindeiros meses, a Xunta deberá aceptar a proposta para avanzar na cesión do local á Garda Civil.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...