InicioECONOMÍAO Concello organiza un novo mercado ecolóxico o 27 de novembro

O Concello organiza un novo mercado ecolóxico o 27 de novembro

Publicado o

O prazo de solicitudes para os postos xa está aberto

Bueu acollerá o vindeiro domingo 27 de novembro unha nova edición do mercado ecolóxico e artesanal da vila na carpa dos Xardíns Urbano Lugrís-AsLagoas. O Concello xa traballa na súa organización e desde a concellaría de Promoción Económica e Turismo, que dirixe Silvia Carballo, indican que o prazo de solicitude dos postos xa está aberto. As persoas e entidades interesadas poderán solicitalos ata o 28 de outubro

O mercado, que xa suma máis de dez anos de historia, naceu co obxectivo de diversificar e consolidar a economía locala través dun consumo responsable e unha produción sustentable. Ademais, persegue contribuír á onservación da cultura rural e tradicional así como das formas de uso e xestión dos recursos naturais.

Unha edición anterior do mercado ecolóxico e artesanal. Imaxe: Concello.

O evento albergará un máximo de trinta postos que poderán solicitar produtores de sectores de alimentación, artesanía, comercio xusto, saúde e benestar, tecidos e calzados, turismo e gastronómicos. As bases están publicadas na web municipal e as solicitudes poden presentarse a través do Rexistro Xeral ou da sede electrónica.

“Este proxecto demostra o compromiso do goberno bueués polos produtos locais e a concienciación medioambiental na sociedade”, indican desde o goberno local. Avanzan tamén que haberá unha ampla e variada programación conactividades paralelas para gozar dun día en familia.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...