InicioMEDIO AMBIENTEAncoradouro e Mourisca, praias elixidas para a limpeza simultánea de areais galegos

Ancoradouro e Mourisca, praias elixidas para a limpeza simultánea de areais galegos

Publicado o

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) organiza este venres e sábado a XI Limpeza Simultánea de Praias, que se desenvolve nun gran número de areais galegos. Este ano Bueu tamén participará na actividade coa limpeza das praias de Ancoradouro e Mourisca, na zona de Cabo Udra.

Outra limpeza que tivo lugar na praia de Ancoradouro, durante o Cross de Cabo Udra.

Tal e como indican desde a organización, a actividade bueuesa terá lugar mañá ás 17.00 horas e o punto de encontro serán as mesas situadas na área de Chan de Esqueiros, en Udra. A xornada comezará coa limpeza no areal de Ancoradouro, onde as persoas asistentes tamén participarán nunha mostra de microplásticos, na que se cribrará unha zona da area para obter a cantidade de microplásticos que se atopan. Tras isto, a limpeza trasladarase á praia de Mourisca, onde se prensará e separará o lixo recollido.

Desde ADEGA sinalan que o principal obxectivo é a concienciación e recordan que cada ano dez millóns de toneladas de lixo rematan nos océanos e unha gran cantidade procede dos fogares. As persoas interesadas na actividade de mañá poden solicitar máis información no enderezo rubenpitamentira@gmail.com.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...