InicioSOCIEDADEA maxia de "Galicia Ilusiona" chega a Bueu

A maxia de “Galicia Ilusiona” chega a Bueu

Publicado o

A maxia será a protagonista mañá na vila da man da chegada do espectáculo “Galicia Ilusiona”, un festival de ilusionismo que abrangue a toda a comunidade autónoma. O proxecto trae a Bueu o espectáculo do ilusionista Samuel Moreno, coñecido polo seu paso polo programa Got Talent no 2018 e onde chegou a ser semifinalista. A cita será de balde mañá ás 12 horas no Centro Social do Mar co obxectivo de repartir ilusión ás persoas asistentes e “non deixar a ninguén indiferente”.

Desde a organización definen a maxia de Samuel Moreno como “moderna, fresca e xuvenil” e destacan a súa participación en numerosos festivais e cidades de todo o país. “Why not?” é o nome do show que este galego levou ao recoñecido programa Got Talent España, onde acadou ser semifinalista con diferentes números que sorprenderon ao público e ao xurado.

O festival “Galicia Ilusiona” ten como obxectivo inundar a comunidade de maxia e chegar a unha gran cantidade de persoas da man da programación do Xacobeo 21-22. A cita de mañá na vila será unha das 220 que este proxecto ten programadas.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...