InicioECONOMÍAA renda media dos fogares bueueses sitúase en 26.777 euros anuais

A renda media dos fogares bueueses sitúase en 26.777 euros anuais

Publicado o

O Instituto Nacional de Estatística (INE) vén de publicar os datos do Atlas de distribución de rendas dos fogares que ilustran, entre outras cuestións, a renda media por persoa e fogar de todos os municipios. No caso de Bueu, o INE sinala que a renda media anual dos fogares foi de 26.777 euros, mentres que a renda media anual por habitante se sitúa nos 11.528 euros.

Estes datos fan referencia ao 2020, sendo así os primeiros indicadores de renda media do primeiro ano afectado pola pandemia da covid e onde se produciu un descenso dalgunhas actividades económicas. Así, no caso bueués, a renda media por persoa sufriu un lixeiro incremento de 7o euros con respecto ao 2019, pasando de 11.458 a 11.528 euros. No mesmo período, as cifras indican que o incremento foi máis leve aínda na renda media por fogar, que pasou de 26.758 euros no 2019 a 26.777 euros no 2020.

No caso da renda media anual por fogar, é dicir, os ingresos percibidos polos membros do fogar, Bueu ocupa a derradeira posición con respecto aos municipios veciños da comarca. A renda por fogar máis alta do Morrazo atópase en Cangas, con 29.826 euros anuais, seguida de Moaña con 29.131 euros ao ano e Marín con 27.671 euros. Bueu tería a renda por fogar máis baixa con 26.776 euros, segundo os datos do INE.

Porén, a situación cambia con respecto á renda media por habitante. Cangas continúa a ocupar o primeiro posto, con 11.638 euros anuais por persoa, pero Bueu toma agora a segunda posición con 11.528 euros por habitante. A continuación sitúase Moaña con 11.396 euros e en derradeiro lugar Marín, cunha media de 10.888 euros anuais por persoa.

Cómpre sinalar, en todo caso, que ao tratarse dun parámetro como a media e en municipios de poucos habitantes, o cambio da renda media dun grupo de persoas pode provocar cambios na renda media da vila. Aínda así, obsérvase que a evolución bueuesa non está suxeita a grandes variacións, senón incrementos lixeiros e paulatinos.

Outros parámetros de interese

Este mesmo estudo do INE divulga outros datos de interese para o contexto social da vila. Entre eles atópanse a idade media da poboación bueuesa, que se sitúa en case 46 anos ou a porcentaxe de poboación maior de 65 anos, que representa un 23,6{de2d998e83ba88b947bad9f42506f923df663f53bc853af09ae0ef5331d0a724} do total. Destaca tamén o dato de fogares unipersoais, que significan un 33,3%

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...