InicioSUCESOSA Garda Civil investiga a dous bueueses por espionaxe industrial

A Garda Civil investiga a dous bueueses por espionaxe industrial

Publicado o

Dous veciños bueueses foron identificados pola Garda Civil, un deles detido e o outro investigado penalmente, como presuntos autores dun delito de espionaxe industrial tras supostamente instalar cámaras nunha empresa da comarca do Morrazo.

A estas dúas persoas, ás que se lles vincula tamén cun delito contra a propiedade industrial, acúsaselles de colocar dúas cámaras de vídeo vixilancia no interior da nave dunha empresa dedicada á elaboración de cebos para a pesca, coa presunta intención de revelar o segredo comercial en relación coa fabricación do cebo.

Imaxe: Garda Civil.

A investigación comezou cando o propietario da compañía detectou unha das cámaras e o denunciou ante a Garda Civil. Cando os axentes se presentaron na empresa localizaron unha segunda cámara.

Os efectivos detiveron in fraganti no interior da empresa a un dos investigados cando ía cambiar a batería dunha das cámaras que se apagou. Trátase dun veciño de Bueu con numerosos antecedentes policiais, segundo indicou a Benemérita nun comunicado. Tras iso, identificouse a outra persoa, tamén da vila, encargada de visionar por control remoto as imaxes a través do seu teléfono móbil.

As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Instrución de garda de Marín, onde deberán comparecer os presuntos autores cando sexan requiridos pola autoridade xudicial.

ÚLTIMAS

Beluso acolle a segunda edición do Trail do Nocedo con récord de participación

O pavillón de Beluso acolleu esta mañá a presentación da segunda edición do Trail...

Denuncian o recheo de cemento de 80 metros cadrados da praia da Banda do Río nas obras de Portos

A asociación ecoloxista de Bueu Anduxía vén de expresar o seu "malestar e sorpresa"...

Continúan as reivindicacións pola falta de pediatras e o Sergas anuncia a colaboración “voluntaria” de seis especialistas

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés informou de que reorganizaron a cobertura das...

O PP cuestiona que o goberno “escurra o vulto e non arranxe” os problemas do pavillón de Bueu

"Unha mostra máis da decadencia e da falta de interese do BNG e de...